FOMENTO DA LECTURA

A biblioteca verinense organiza a actividade “Un Támega de conto"

Está dirixida a un máximo de 20 nenos socios da Biblioteca, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos e consistirá na realización de contacontos de animais e unha manualidade, que será un peixe feito con materiais reciclados

A biblioteca Municipal de Verín acollerá mañá venres a actividade "Un Támega de conto", que se enmarca na programación de actividades que están dirixidas ao fomento da lectura e á dinamización desta instalación municipal. A actividade esta dirixida a un máximo de 20 nenos socios da Biblioteca, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos e consistirá na realización de contacontos de animais e unha manualidade, que será un peixe feito con materiais reciclados. A actividade estará coordinada por nenos voluntarios, de entre 9 e 17 anos, xunto co persoal da Biblioteca. Para participar na mesma hai que inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-41.36.24.n

Te puede interesar