O BNG di que os Orzamentos galegos “represalían" a Verín


VERÍN (O SOUTO DAS CANDEAS). 17/12/2020. OURENSE. Presentación das enmendas ós orzamentos da Xunta de Galicia de 2021 referentes ó concello de Verín. Comparecen ante os medios: 
Pepe Barxa, concelleiro Castrelo do Val, Perfecta Losada, concelleira concello Oimbra, Noa Presas, deputada do BNG, Diego Lourenzo, Tenente de Alcalde do Concello de Verín e Puri Caldelas, concelleira de Medio Ambiente do Concello de Verín. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Presentación das enmendas ós orzamentos da Xunta de Galicia de 2021 FOTO: ÓSCAR PINAL
Os nacionalistas pedirán que se amplíen os fondos adicados ao Hospital ata o millón de euros

Os voceiros do Bloque Nacionalista Galego da Comarca de Monterrei compareceron este xoves no primeiro andar de O Souto das Candeas da vila do Támega co obxectivo de presentar as enmendas aos orzamentos do Goberno Galego. Diego Lourenzo, tenente de Alcalde de Verín; Puri Caldelas, concelleira de Medio Ambiente do Concello de Verín; Perfecta Losada, concelleira nacionalista en Oimbra e Pepe Barxa, edil da formación en Castrelo do Val contaron co apoio da deputada Noa Presas, quen calificou as partidas elaboradas polo equipo de Núñez Feijóo como "nefastas" e "decepcionantes". Engadiu que ditas contas "castigan a Verín" a modo de "represalia política". 

A deputada nacionalista asegurou que o único investimento para a vila verinesa "con nome e apelidos" é o consignado para a ampliación do hospital, unha cuantía "insuficiente" que ascende a 294.000 euros. "Non dan cobertura ás necesidades materiais e de persoal", dixo Presas. "Non se pode tratar a un hospital comarcal coma un centro de saúde grande", engadiu a deputada galega, quen subliñou que, entre outras necesidades, o centro precisa dunha nova ambulancia e dun mellor servizo de radioloxía. Por este motivo, os nacionalistas presentarán unha enmenda para que se amplíe a dotación neste senso, pasando a ser de un millón de euros. "Se está a hipotecar a atención radiolóxica, especialmente, no hospital de Verín e de Valdeorras, pero tamén no Hospital de Ourense por falta de persoal ante a imposibilidade de  contar cunhas condicións adecuadas para desenvolver o seu traballo", lamentou Noa Presas. "É preciso, ademais, blindar a atención primaria", engade. 

O Orzamento manten débedas históricas

En materia de infraestructuras e desenvolvemento empresarial, os nacionalistas denunciaron que o orzamento manteña "débedas históricas" coa comarca, como a falta de apoio ao desenvolvemento do Polígono de Tamagos. "Leva 11 anos parado", precisou a deputada. "É unha irresponsabilidade política cando se trata dun polígono ubicado nunha posición estratéxica con proximidade a Portugal", engadiu. 

As enmendas incluirán solucións aos problemas de saneamento de Verín, unha aposta pola Denominación Monterrei e apoio ao comercio de proximidade.

Te puede interesar