REUNIÓN

O BNG de Verín convoca aos veciños a unha asamblea aberta

Non hai nada mellor que escoitar á veciñanza para facer un exercicio de goberno coherente", aseguran

A formación nacionalista que na vila de Verín dirixe o tenente de alcalde Diego Lourenzo Moura vén de convocar para esta tarde ás oito e media e na praza da Mercé á poboación verinense a participar nunha asemblea aberta na que avaliar a xestión que como integrantes do bipartito estivo a facer o BNG nestes dous anos, e tamén para escoitar as propostas que ata os que alí se acheguen estean dispostos a facer.

O seu máximo responsable, Lourenzo Moura, convidou no día de onte "á participación de canta máis xente, mellor; é unha fórmula na que nos cremos firmemente. Non hai nada mellor que escoitar á veciñanza para facer un exercicio de goberno coherente", dixo. 

Te puede interesar