O BNG de Verín presenta unha candidatura ampla e interxeracional

candidatura BNG VERIN
photo_camera Candidatura del BNG de Verín.
Diego Lourenzo, tenente alcalde de Verín, encabeza a lista nacionalista e presentarase á alcaldía o vindeiro 28 de maio

A candidatura do Bloque Nacionalista Galego de Verín para o vindeiro 28 de maio é “a mellor opción para liderar o próximo goberno municipal”, anotan sobre unha candidatura con “forza” pola pluralidade e calidade das persoas que a compoñen. Persoas que representan a “todo o tecido social da nosa vila e que se achegan ao BNG para sumar forzas neste proxecto”, sinala Diego Lourenzo, actual tenente alcalde de Verín e cabeza de lista do BNG verinés. 

A candidatura, integrada por 27 persoas é “interxeracional e combina a experiencia de dous mandatos coa incorporación da mocidade comprometida que encama o futuro, e que como tal debe estar representada na política municipal”, apuntan os nacionalistas. Apostamos por persoas independentes, pois suman unha visión aberta e plural da sociedade verinesa. Verín é diverso e polo tanto a candidatura que represente á vila tamén debe selo”, engade o candidato á alcaldía. 

Ao longo destes anos, a xestión do BNG impulsou a “dinamización cultural de Verín, apostou pola formación e a educación como eixo vertebrador para o futuro e puxo en valor o traballo asociativo dos colectivos sociais”, din, conscientes de que “queda moito por facer, e o noso obxectivo é continuar avanzando no cambio e transformación que iniciou Verín”.

A lista do Bloque Nacionalista Galego de Verín para as eleccións municipais

  1. Diego Lourenzo Moura
  2. Eugenio Quintas Albores
  3. Samanta Barreira Vivián
  4. Puri Caldelas Rodríguez
  5. Abelardo Meiriño Vieites
  6. Rosana Méndez Cortio
  7. Beatriz García Rodríguez
  8. Nacho Sola Veiga
  9. Lucía Díaz Nicolino
  10. Marcos Rosas Gallardo
  11. Merce Padrón Freiría
  12. Alfonso Cid Medeiros
  13. Vanesa Fernández Rodríguez
  14. Carlos Alonso Diéguez 
  15. Andrea Pérez Fernández
  16. Adela Gallego Rodríguez
  17. Alberte Blanco Casal

Los suplentes nacionalistas son los siguientes:

  1. Pepa González González
  2. Daniel Veiga Martínez
  3. Lola Pérez González
  4. Melania Vilela Vilela
  5. Carlos Crespo Toral
  6. Mariluz Méndez Rivero
  7. Suso Lants Vitureira
  8. José Antonio Álvarez Alonso
  9. Rosa María González Estévez
  10. Carlos Dos Santos Blanco

Te puede interesar