Obras

A capela de Santa Ana da Veiga do Seixo lucirá unha fachada renovada

O proxecto ascende a 23.000 euros

A capela de Santa Ana da Veiga do Seixo -no concello de Riós- contará cunha reforma da cuberta e da súa fachada, obras que se comezarán a executar, segundo o alcalde, Francisco Veiga, a comezos do mes de setembro.

Nestes momentos está por firmarse o contrato para levar a cabo o proxecto, que conta cun presuposto que ascende a 23.000 euros, cofinanciado entre Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Riós e os propios veciños do núcleo rural da Veiga do Seixo.

A administración provincial achega ao municipio unha cantidade de 10.000 euros -aprobada na última sesión da Xunta de Goberno, enmarcada na cooperación cos concellos-, mentres que os 13.000 euros restantes corren a cargo do Concello e dos veciños da contorna da capela de Santa Ana, que ao remate das obras lucirá unha imaxe renovada e limpa.

Te puede interesar