Cardoso repite ó frente do PP de Vilardevós e fala de 'compromiso'

Manuel Cardoso Pérez acadou o respaldo unánime dos compromisarios no congreso do PP en Vilardevós.
O recén elixido presidente local fixo un recordatorio da evolución do PP de Vilardevós nos últimos dous anos: 'Levamos dous anos e quedan outros dous, dous anos no que o traballo debe ser diario, constante e eficaz. Dous anos nos que temos que demostrar que as nosas promesas electorais seguen a ser os nosos compromisos co pobo de Vilardevós', e insistió en que ' debemos traballar de modo incansable para que os nosos veciños e veciñas confíen en nós, tanto como políticos e como persoas, porque eles dan a confianza pero tamén a retiran'.

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, incidió en que 'o Partido Popular de Vilardevós segue e seguirá a ser garantía de bo goberno' y que 'esta é a senda a seguir'.

Te puede interesar