Provincia

Os cativos verinenses xa se poden inscribir no curso de natación

A vila de Verín volve, logo dunhas semanas complicadas polo ascenso de casos positivos por covid-19 que obrigou a suspender todas as actividades previstas na vila, pouco a pouco á normalidade. Tamén no eido cultural e deportivo. Neste senso, o Concello de Verín anunciou recentemente o retorno de actividades culturais, concretamente, de catro representacións teatrais e un concerto -celebraranse a partir do vindeiro 26 de decembro, o propio día e os días 3, 6, 9 e 23 de xaneiro- e esta semana a administración local informou sobre a reedición do curso de natación infantil de cara ao vindeiro 2021. 

Os responsables da piscina climatizada da vila veñen de abrir, nesta liña, o prazo de preinscrición do mencionado curso para os máis cativos, o cal comezará o vindeiro 18 de xaneiro. 

A preinscrición soamente a poderán realizar aqueles usuarios que xa estivesen en activo durante o pasado mes de marzo. Así pois, as persoas que non formalicen este trámite no prazo requirido quedarán dadas de baixa o próximo mes de xaneiro, para non pasarlle a cota correspondente.

As persoas interesadas en anotar aos seus cativos no curso de natación infantil poderán preinscribilos, como data límite, ata o próximo 23 de decembro. 

Será necesario, por último,  que as familias formalicen a inscrición poñéndose en contacto co teléfono 988414184.

A preinscrición soamente a poderán realizar os usuarios que estivesen en activo durante o pasado mes de marzo.

Te puede interesar