Cincoenta persoas acuden á andaina ata o “Banco da Esperanza"

Alí se leron varios poemas, moitos deles de Manuel María, homenaxeado mañán no Día das Letras, e mesmo se plantaron árbores

A Serra do Larouco tivo no día de onte una visita especial, medio cento de persoas, chegadas dende Niñodaguia, Xironda e Lucenza, participaron na andaina ao 'Banco da Esperanza', en Cualedro, para lembrar o incendio que arrasou a zona en 2015.  

Alí se leron varios poemas, moitos deles de Manuel María, homenaxeado mañán no Día das Letras, e mesmo se plantaron árbores. Tampouco  faltou unha comida campestre de todos eles.

Te puede interesar