As clases para oposicións de Medio Rural volven a Verín

O día 1 comezará a formación

A CIG de Verín - A Limia anuncia que comezará a compor grupos para a preparación das oposicións a diferentes categorías de Medio Rural da Xunta de Galicia. Tras un parón por mor do coronavirus, o 1 de setembro volven as clases para estudar materias da categoría de bombeiro forestal, bombeiro condutor de motobomba e vixiante fixo. 

“Xa fai ano e medio que comezamos a dar as clases, pero polo tema da pandemia tivemos que suspendelas, agora volvemos comezar porque queda pouco para os exames, igual son a finais de ano ou comezos do que ven…”, conta Óscar Núñez, da CIG Verín - A Limia, sindicato que busca axudar aos traballadores deste ámbito a prepararse para as probas.

Con 45 persoas xa inscritas, dende a organización terán que buscar un local adecuado -antes da pandemia impartían as clases nun local da Mancomunidade en Pazos- e facer grupos reducidos para cumprir as medidas hixiénico-sanitarias: “Cando cerremos as listas teremos que ver como organizarnos, adaptándonos ao coronavirus”, señala Núñez.

Así, José Carlos Martínez, o xefe do parque de Bombeiros de Verín, impartirá o temario e materia para que os examinados poidan acadar os resultados esperados, xa que “nesta comarca hai demanda, porque hai moito servizo de incendios”, concluye el sindicalista.c

Te puede interesar