O colexio de Cualedro participa nun concurso de reciclaxe de pilas

excursión cole cualedro (5)_resultado
photo_camera Los pequeños de Cualedro en una actividad escolar.
El centro educativo fomenta el reciclaje entre los alumnos

O CEIP Vicente Risco de Cualedro está somerxido nun concurso que promove a reciclaxe de pilas e acumuladores, “Pilabot”. “É unha forma de concienciar aos nenos da importancia da reciclaxe”, explica Mercedes Iglesias, a directora do centro educativo.

Dentro do “Plan Proxecta: paisaxe e sustentabilidade” e do “CP Innova Sustentabilidade”, o colexio participa neste concurso galego que outorga dous premios:  á maior cantidade de pilas recollidas por centro e ao alumno que máis pilas recolla. “Nós non podemos competir con coles grandes, pero si que temos boa participación. Houbo un ano que recollemos 850 quilogramos de pilas”, engade a directora. 

Ademais, o colexio tamén promove a recollida de tapóns de plástico, unha forma de ensinar aos cativos conceptos de reciclaxe, pero tamén de solidariedade e xenerosidade.

Te puede interesar