VIOLENCIA MACHISTA

Comeza en Verín a programación contra a violencia de xénero

A actriz mabel lozano ofrecerá o día 28 unha charla aos máis novos sobre explotación sexual

Verín encara a segunda metade do mes de novembro celebrar o día contra a violencia de xénero, o 25 de novembro, cunha serie de actos de rexeitamento desta lacra social, ademáis dun paquete de accións formativas e divulgativas dos novos xeitos que adopta a violencia coas novas tecnoloxías. Un dos actos máis destacados será a presencia da actriz e activista contra a violencia de xénero, Mabel Lozano, en Verín o día 28 para falarlle aos máis novos da explotación sexual. 


Dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Verín, en colaboración con Femuro, vaise desenrolar un intenso calendario de actividades que estarán presididas polas pancartas que se colgarán na fachada do Concello en rexeitamento contra a violencia de xénero.


 Hoxe mércores 9 de novembro comezarán os obradoiros "Violencia de xénero no contexto dixital", financiados pola Secretaría Xeral de Igualdade, e que serán impartidos por Pantallas Amigas para que a infancia e a adolescencia fagan un uso seguro e saudable das tecnoloxías, previndo calqueira tipo de violencia a través dos dispositivos electrónicos e das redes sociais. Serán impartidos nos centros de ensino Amaro Refojo, Mercedarios, Castro de Baroncelli, Princesa de España e Centro de Día da Cruz Vermella. O día 23 haberá actos de sensibilización na rúa, con colaboración de voluntarios e alumnado, que repartirán e información e pulseiras. 


O 25 de novembro terán lugar os actos centrais, coa reunión ás 10 no Salón de Plenos do Concello da Mesa de Coordinación para a Eliminación da Violencia de Xénero, para analizar o traballo e novas propostas en contra da violencia machista, conxuntamente con forzas e corpos de seguridade, sanidade, educación, xustiza, avogacía e servizos sociais.

Te puede interesar