AUDIOVISUAL

Comezan en Verín as Xornadas de radio e televisión municipal

O Centro cultural e das Artes acollerá conferencias, mesas redondas e talleres entre hoxe e mañá

O Centro Cultural e das Artes de Verín acollerá, entre hoxe e mañá, as I Xornadas de Radio e Televisión, que promove o concello verinense xunto coa Universidade de Santiago. O acto de inauguración terá lugar ás 10,30 horas, e contará coa presencia do alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

Miguel Ángel Ortiz, da Universidade Complutense, será o encargado de abrir, ás 11,00 horas, as intervencións, coa ponenc ia "A radio municipal na converxencia dixital".

A continuación haberá unha mesa redonda sobre "A radio como proxecto municipal en Galicia".

Xa pola tarde, entre as 16,00 e as 18,00 horas, desenvolveranse dous talleres, un dirixidos por Marc Villa, de Teleduca Educació i Comunicació, sobre a "Dinamización audiovisual para axentes sociais", e outro sobre "Técnicas de radio para emisoras locais e municipais, que dirixirá Toni España, de Radio Campus Culturae.

Mañá sábado a actividade comezará ás 11,00 horas, coa conferencia sobre o "Marco xurídico e perspectivas da radio e da televisión locais en España", que correrá a cargo de Angel García Castillejo, da Universidad Carlos III de Madrid. De seguido celebrarase unha mesa redonda sobre "Televisión local, municipal e on line en Galicia", e pecharán as xornadas outros dous talleres, entre as 16,00 e as 18,00 horas, dirixidos, igual que os hoxe pola tarde, por Toni España e Marc Villa.

Te puede interesar