A Coral de Verín renova o seu convenio co Concello: 3.000 euros e seis actuacións

220121 FIRMA CONVENIO CORAL VERIN
photo_camera Gerardo Seoane e Corona Meixeira na firma do convenio.
O Concello aporta unha achega de 3.000 euros e a Asociación comprométese a realizar seis actuacións no municipio

O Concello de Verín e a Asociación verinesa de Amigos da Música renovaron este venres o seu convenio de colaboración coa finalidade de garantir a continuidade deste tradicional colectivo musical de Verín. 

Na cita da firma do convenio estiveron presentes Gerardo Seoane, alcalde da vila do Támega, e María Corona Meixeira Romasanta, a presidenta da coral verinesa, os que formalizaron esta colaboración cultural un ano máis.

Segundo o citado convenio, o Concello de Verín realizará unha achega de 3.000 euros á Asociación Amigos da Música, a cal se compromete a realizar durante o ano 2022 seis actuacións. Estas deberán efectuarse dentro do termo municipal de Verín nas datas e lugares que lle propoña o ente municipal e que sexan de interese para ambas as partes asinantes deste convenio.

Amigos da Música

A Coral de Verín celebrou o 5 de abril de 2021 os seus 30 anos de vida. Unha agrupación que se constituiu baixo a dirección de Fernando de Sousa, quen foi substituido polo actual director da agrupación, Mirito Mateo. Dende entonces, Corona Meixeira foi a presidenta a Asociación.

Actualmente rondan os 38 integrantes e superaron os obstáculos que lles puxo no camiño a pandemia, pois como destacan todos eles, "somos unha gran familia". Tras o parón marcado polo coronavirus, voltaron aos escenarios o pasado 23 de outubro, día que celebraron o festival "Falando cantando" máis o seu aniversario. Celebrado en el Auditorio Municipal, Amigos da Música estuvieron acompañados por el grupo Coral Cantarela de Riós y la Coral Polifónica de Oleiros.

Agora, preparan a axenda para o 2022 con moita ilusión e esperando que o coronavirus non volva frear a súa actividade. Marcarán datas no calendario para cumprir cos acordos do convenio co Concello de Verín e andarán na procura de festivais aos que viaxar para facer o que máis lles gusta: cantar. 

Te puede interesar