LETRAS GALEGAS

Os dous certames literarios convocados polo Día das Letras teñen 42 finalistas

A gala de entrega dos galardóns terá lugar o vindeiro día 17 no centro das artes escénicas da vila, ás sete horas da tarde

No día das Letras Galegas se darán a coñecer os ganadores dos dous certames de poesía e relato curto, respectivamente, que como cada ano con motivo da celebración desta festividade autonómica organiza o Concello de Verín en colaboración cun supermercado da vila. 

Corenta e dous alumnos e alumnas de seis colexios e institutos da comarca de Verín, finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, estarán presentes na gala de entrega de premios que terá lugar o vindeiro día 17 ás 19,00 horas no auditorio da localidade. Alí, serán recitados os poemas ganadores e leranse asemade os traballos galardoados no concurso de relato. Ademáis, e como novidade nesta edición, o cantautor de Riós Emilio Rúa e o propio Xosé Carlos Caneiro ofrecerán unha actuación conxunta. 

Na fase de selección de centros, cada un dos colexios e institutos participantes escolleu, en cada un dos dous certames, un máximo de tres traballos en cada un dos tres niveis (Primaria e 1º e 2º de ESO). Todos os autores que foron seleccionados nas escolas respectivas recibirán un lote de libros e un diploma acreditativo.

Ademais, en cada un dos tres niveis, o traballo seleccionado como primeiro premio obterá 90 euros; o segundo, 60; e o terceiro, 30 euros. O xurado cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto, que proporá a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización do concurso literario. 

Te puede interesar