Música

"Emerxen os directos" no Conservatorio de Verín: horarios y actuaciones

concerto jazz cmus verin_resultado
photo_camera A última actividade do conservatorio, o concerto de Medela Cuarteto Latin Jazz.(Foto: cedida).
A Gala de Fin de curso será o 13 de xuño no Auditorio, con dúas artistas invitadas: Caamaño e Ameixeiras

Baixo o nome de "Emerxen os directos", o Conservatorio Profesional de Música de Veín presenta o seu ciclo de concertos, coa colaboración da súa ANPA e da concellería de Educación, CUltura e Festexos do Concello de Verín. 

Nunha campaña de dinamización da súa labor docente levada a cabo durante todo o curso lectivo no Auditorio Municipal, o Conservatorio acerca á cidadanía de Verín diferentes xéneros musicais, dende a música máis moderna a máis clásica, pasando polo estilo máis tradicional. 

As persoas interesadas en acudir a algún dos concertos disporán de entradas, dous días antes de cada evento, no Auditorio, xa que os actos se celebrarán no centro -en horario de 17:00 a 20:00 horas-. Dende o Concello de Verín explican que, pese a ser actuacións de carácter gratuíto, o control de aforo realizarase para adaptarse aos protocolos de seguridade sanitaria vixentes actualmente na nosa comunidade autónoma.

concierto cmus verín

Así, "Emerxen os directos" ten marcado o seu próximo directo o mércores 12 de maio ás 19:00 horas, cunha audición de piano do Cmus Profesional de Ourense, seguida ao seguinte día a mesma hora pola actuación do Big Band do Conservatorio de Ourense.

O sábado 15 de maio, o Trío Voluntas chega a Verín ás 19:00 horas, e o 29 de maio, a mesma hora será o turno do grupo musical Catro Cores. Antes da gala de graduación, o Cmus de Verín realizará un concerto benéfico no patio do Colexio Mercedarios ás 12:00 horas o sábado 5 de xuño.

Primeira Gran Gala de Fin de Curso 

Para rematar o "Emerxen os directos", o 13 de xuño chega ao Auditorio Municipal a primeira graduación dos alumnos que inician o Grao Profesional, que se celebrará ás 19:00 horas e terá como artistas invitadas a Caamaño e Ameixeiras.

Dende a ANPA do Cmus explican que será un acto de celebración para dúas promocións de alumnos: os que remataron o curso anterior e non puideron festexalo por mor da covid-19 e os que finalizan os seus catro primeiros cursos este 2021.

"Estamos felices de que por fin os nenos de Verín e a súa comarca poidan estudar na vila sen ter que desprazarse a outros conservatorios", destaca a Asociación, xa que a graduación será "moi novedosa en todos os sentidos, un domingo festivo onde primeiro celebraremos que temos Grado Profesional".

Nais e pais de alumnos do Cmus aseguran sorprender aos asistentes, "con moitas sorpresas", ademais de que os mozos músicos reciban o seu diploma cun regalo. 

A ANPA quere tamén agradecer "o gran esforzo dos profesores, Concello e comunidade educativa e a celebración desta gran festa na que por fin poderemos festexar que temos o ansiado Grao Profesional cunha graduación dun montón de alumnos".

Te puede interesar