Emilio Rúa presenta o seu libro "Lendas no Camiño"

O autor dá a coñecer as 26 pezas do seu novo libro disco

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acolleu a presentación do novo libro disco de Emilio Rúa: “Lendas no Camiño”. 

Este traballo do cantautor orixinario de Riós é un libro disco editado por Zinemusik Ediciones, que conten 36 lendas galegas musicadas en 36 novas cancións por Rúa. Son relatos que forman parte do acervo cultural galego e destacan pola súa importancia como un valor da tradición oral.

Na presentación, onde non faltou a música, o cantautor explicou que as lendas falan de “moitos e diversos puntos xeográficos polos que pasan os diferentes camiños cara Santiago e sitúan os seus textos en puntos concretos de Galicia, ofrecendo un claro exemplo de dinamización cultural e patrimonial”. As lendas inclúen elementos como castros, castelos, cruceiros, igrexas, mosteiros e personaxes como mouros, santos e xente común de aldeas, entre outros.

Te puede interesar