As empresas de telefonía acaparan as reclamacións

A Oficina de Consumo de Verín (OMIC) pechou o 2010 coa tramitación de 517 expedientes. Deste total, 224 foron presentados ao Instituto Galego de Consumo, 38 reclamacións de subministro eléctrico trasladadas á Consellería de Innovación e Industria, 94 resolvéronse de forma amistosa por mediación no conflito e 161 corresponderon a consultas.
Unha vez máis, o sector das telecomunicacións é o que máis queixas e consultas suscita en Verín e comarca. Recibíronse un total de 121 reclamacións (teléfono móbil, fixo e internet), a maioría relacionadas con negativas e atrasos a dar de baixa certos servizos, activación de algúns non solicitados, penalizacións inxustificadas, modificacións nas condicións de contrato, publicidade enganosa, e moi especialmente, disconformidade coa facturación, entre outras. En internet, as queixas centráronse na baixa dos servizos e non aplicar as tarifas contratadas. O máis significativo é o descenso de reclamacións sobre as compañías eléctricas que, no ano 2009, sufriu un enorme incremento debido ao cambio de normativa. Con todo, ocupan o segundo lugar do ránking, sobre todo por discrepancias na cantidade a pagar, seguidas polos bancos, con as comisións, descubertos en contas ou pago de hipotecas.

Te puede interesar