As entidades sociais de Verín reúnense na vila a favor da X Solidaria

photo_camera El CDR Portas Abertas realizó este miércoles una concentración en el Concello de Verín para animar a la gente a firmar la X Solidaria en la declaración de la renta.
Esta iniciativa do CDR Portas Abertas busca concienciar á poboación da necesidade de marcar este cadro na declaración da renda

A Praza do Concello de Verín foi onte o escenario elixido polo Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas para promover a importancia de marcar a X Solidaria na declaración da renda. Alí acudiron traballadores e usuarios do centro, pero tamén veciños de Verín que se fixeron eco da concentración. 

“Hoxe reunímonos aquí porque grazas a X Solidaria Portas Abertas pode realizar moitas das actividades que se están facendo agora mesmo. A X Solidaria é a casiña 106 da declaración da renda, adicada a fins sociais, no que o 0,7% dos nosos impostos van para entidades sociais. Nós grazas a ela podemos facer moitas actividades, e tamén financiamos moitos postos de traballo para seguir dando servizos de calidade no rural”, anotou a educadora social Andrea Rodríguez. 

Ela deu paso a Lucía Aparicio, orientadora do CDR, para ler o manifesto co que trataron de explicar aos asistentes a importancia de marcar a X Solidaria na declaración da renda: “Marcar o recadro de fins sociais permite a realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión, porque así loitamos para cambiar a situación de miles de persoas, máis de 13 millóns de persoas viven en risco de pobreza a nivel estatal, das que 678.000 se atopan en Galicia. Sen a axuda das ONG moitas non poderían saír adiante ou ter unha vida digna”. 

Máis alá disto, a X Solidaria tamén axuda a “persoas maiores, con discapacidade, enfermas de cancro, mulleres vítimas de violencia machista, xente moza, nenos…”, engadiu Aparicio.

A cita culminou con traballo en equipo, no que os asistentes se organizaron para simular a letra “x”, “unha mostra simbólica” en mostra do apoio á X Solidaria. 

Te puede interesar