SOLIDARIDADE

A Escola local de Familia organiza un concurso de gateo con Unicef

Os máis pequenos de Verín gatearán para que en Níxer tódolos nenos e nenas poidan ter auga potable

Hoxe 18 de abril -e conmemorando o día 22 de marzo (día da auga) e o 6 de abril (día do deporte) desde a Escola de Familia do Concello de Verín organizan un concurso de gateo, en colaboración con Unicef e a campaña "Gotas para Níxer", onde os máis pequenos de Verín gatearán para que en Níxer tódolos nenos e nenas poidan ter auga potable. 

Esta actividade, que terá lugar ás 11,00 horas no Pavillón Municipal de Deportes da vila verinense, serve aos máis cativos para estimular a súa psicomotricidade, o equilibrio, a coordinación e o que é máis importante, a convivencia entre iguais e o fomento da actividade física dende a máis temperá idade.

Categorías

O concurso solidario terá dúas categorías: 0 a 18 meses e de 18 meses a 36 meses. As inscricións realizaranse na Casa da Xuventude e na oficina de educación familiar. 

Te puede interesar