SEGURIDADE VIAL

Os escolares de Verín clausuran o proxecto sobre seguridade vial

Esta iniciativa internacional leva desenvólvese desde hai cinco anos e xa chegou a máis de 14 millóns de escolares de 35 países do mundo.

Os escolares verinenses participantes no programa internacional "As túas ideas, as túas iniciativas", promovido por Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a seguridade vial e a movilidade na contorna escolar, clausuraron esta actividade con unha xornada matinal de xogos populares, como a corda, o pano, tres paus ou o brilé.

O coordinador do proxecto, Fernando Castro, sinalaba que "o que buscamos con esta actividade é que os mozos recuperen os xogos na rúa e o fagan, ademáis, da forma máis segura desde o punto de vista da seguridade viaria. Tamén queremos reivindicar o valor formativo da educación no lecer", sinalou Castro.

No proxecto participaron tres profesores do CEIP María Inmaculada e unha trintena de alumnos da ESO, coordinados por Fernando Castro, axente da Policía Local de Verín. Os participantes fixeron varias xornadas de observación sobre as actitudes viarias dos adultos na contorna escolar, nunha charla sobre educación e seguridade viaria, na que se lles ensinou as normas de circulación como peóns e ciclistas, e en dúas rutas ciclistas, enfocadas a que os participantes puxesen en práctica os coñecementos adquiridos.

Esta iniciativa internacional leva desenvólvese desde hai cinco anos e xa chegou a máis de 14 millóns de escolares de 35 países do mundo.
 

Te puede interesar