INCENDIO

Extinguido un incendio forestal registrado en Cualedro

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 25 hectáreas demonte raso

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal no municipio ourensán do Cualedro, parroquia de Xironda, quedou extinguido ás 20:46 horas.

O lume iniciouse ás 12:42 horas e afectou unha superficie de 25 hectáreas rasas. Nos traballos de extinción traballaron 3 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que dende as 00:00 horas desta noite quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Te puede interesar