MONTERREI

Federico Justo disertará sobre Viriato na Casa da Cultura de Verín

O historiador verinense adicou varios anos á investigación sobre a figura do
caudillo lusitano

O sábado 30 de xaneiro, ás 16,30 horas, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a conferencia “Viriato: por el camino de su historia”, a cargo do historiador Federico Justo Méndez e organizada polo “Fórum Galaico Transmontano”, coa colaboración do Concello de Verín. O acto estará presidido polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e acudirán o presidente do Fórum Galaico Transmontano, José Fernando Rúa de Castro, así como varios escritores luso-galaicos, xunto a persoeiros do mundo da cultura e da investigación.

A conferencia que pronunciará Federico Justo Méndez titularase "Viriato: polo camiño de súa historia" e nela abordará a orixe, vida e asasinato do caudillo lusitano. Justo Méndez analizará a figura de Viriato utilizada por trobadores, poetas, escritores e como modelo propagandístico. Para achegarse á verdadeira historia de Viriato, Federico Justo investigou varios anos por toda a Península Ibérica. 
Entre as súas fontes atópanse personalidades da alta nobreza, historiadores  e escritores de renome, peregrinos, planos, mapas e valiosos escritos, informacións conservadas en arquivos públicos e privados acreditados e antecedentes de documentos orixinais, escritos por historiadores latinos daquela época.

Te puede interesar