A Feira do Pemento "asalta" os bares de Oímbra

Pimientos de Oímbra. La imagen corresponde a la fiesta organizada en verano. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
photo_camera Pimientos de Oímbra. La imagen corresponde a la fiesta organizada en verano. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
Os veciños poderán degustar os pementos gratuitamente os días 31 de xullo e 1 de agosto

Outro ano máis, o Concello de Oímbra decidiu non celebrar a Feira do Pemento como é habitual na carballeira do municipio. Desta vez, a alcaldesa Ana Villarino comunicou que "non vai ter lugar a Feira como tal, pero imos trasladala a todos os bares do concello".

O Goberno municipal decidiu celebrar a que sería a XIV Feira do Pemento dun xeito diferente, no que prime a saúde dos seus veciños e veciñas, debido á situación provocada polo coronavirus. Por iso, "subministrarémoslle pementos a todos os locais hostaleiros para que durante o sábado 31 de xullo e o domingo 1 de agosto os veciños poidan degustalos", destaca Villarino.

Os pementos serán gratuítos e a noticia foi ben acollida por todos os bares do concello, cun dobre obxectivo, potenciar o pemento de Oímbra e axudar á hostalería trala crise provocado pola pandemia neste sector. 

Concurso de fotos

Así, por segundo ano consecutivo, Oímbra non festexará a Feira do Pemento na carballeira, pero o que si que manterá será o concurso fotográfico que se presentou o pasado ano. Esta segunda edición volve ter ao pemento como protagonista.

Todo aquel que desexe participar deberá tomar unha fotografía a un plato de comida na que prime o pemento ou relacionada con edicións anteriores da feira, e publicar a imaxe nas redes sociais co hashtag #pementodeOímbra. A foto gañadora será a que reciba máis número de "me gusta", e o gañador levará un lote e produtos da horta de Oímbra e unha botella de viño -DO Monterrei- de cada bodega do municipio.

Te puede interesar