1 DE MAIO

A Festa dos Maios de Verín contará con dez creacións efémeras en total

Veciños de Verín mercan as copas dos "maios".
photo_camera Veciños de Verín mercan as coplas dos "maios".
O 1 de maio, un total de dez colectivos exhibirán as súas esculturas efémeras dende as 10,30 ata as 20,00 horas

O próximo mércores, 1 de maio, a Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maios. Este ano, un total de dez colectivos exhibirán as súas esculturas efémeras dende as 10,30 ata as 20,00 horas.

Asimesmo, o vindeiro mércores celebrarase na Praza Maior unha nova edición da Feira Solidaria, na que estarán presentes boa parte das asociacións sen ánimo de lucro verinenses.

Ese mesmo día será posible adquirir, por só 1 euro, exemplares das coplas do Certame Enrique Gómez Pato. Todo o recadado será doado para axudar á infancia da Franxa de Gaza.

Ás 11,00 horas, a Banda de Gaitas de Verín fará un pasarrúas dende a Praza do Concello ata a Alameda. Ás 11,30 horas, a Banda de Música local partirá desde a Praza do Rei. Ambas agrupacións musicais rematarán na Alameda ás 12,00 horas, e ofrecerán un concerto conxunto.

Te puede interesar