ANDAINA

O CDR Portas Abertas organiza unha xornada interxeracional e multicultural en Verín

Imaxe de arquivo da xornada do ano anterior.
photo_camera Imaxe de arquivo da xornada do ano anterior.
Esta xornada é unha oportunidade para que xente de distintas procedencias e culturas se relacione entre si

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) “Portas Abertas” organiza este domingo, 12 de maio, a terceira edición da súa xornada interxeracional e multicultural. Esta actividade supón un punto de encontro para os usuarios de varios dos programas que leva a cabo o CDR, nomeadamente: Vou contigo, Aldeas activas, Galicia acolledora, Concilia, Capacidade rural, Familia e comunidade, O Noso espazo e Cos meus.

A xornada iniciarase cunha andaina ás 15,45 horas, con saída dende a Casa do Escudo verinesa, en dirección ao castelo de Monterrei. Xa alí, a partir das 16,30 horas, haberá diversas actividades e máis unha visita guiada á fortaleza, tanto para os adultos como para os máis pequenos.

Para a traballadora social Jasmín Prieto, esta xornada é “unha oportunidade para que xente de distintas edades e culturas se relacionen entre si”. Ao longo da tarde haberá ademais dinámicas de teatro, actuacións de gaitas e xogos populares. 

Os interesados aínda se poden inscribir ao longo deste venres na oficina do CDR en Verín ou chamando ao teléfono 988 989 508.

Te puede interesar