Formación e deporte no CIM da Mancomunidade

A sala Todo Fitness acollerá diferentes iniciativas de baile. (Foto: C. C.)
photo_camera A sala Todo Fitness acollerá diferentes iniciativas de baile. (Foto: C. C.)
As actividades comezan esta semana e prolongaranse todo xuño

O Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín comeza maio cargado de iniciativas, entre as que destaca formación para profesionais e actividades deportivas.

No que atinxe a formación, o CIM promoverá a realización de proxectos enmarcados nos obxectivos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Así, a entidade proporcionará aos profesionais do ámbito da educación, social, xurídico e da saúde, alternativas de mellora da súa formación a través de talleres gratuítos online encamiñados ao perfeccionamento da asistencia institucional á víctimas de violencia de xénero. 

Esta formación comezará ao longo do mes de maio e prolongarase durante o mes de xuño, realizando mesas de coordinación e intercambio de prácticas. Por outra banda, dende o Centro queren integrar o ocio, o deportee a saúde no empoderamento das mulleres, polo que con esta finalidade, nace o programa “Olimpiadas pola Igualdade”.

Para levar a cabo esta iniciativa, o CIM colabora cos diferentes ximnasios ou centros deportivos da vila, onde se ofrecen actividades como pilates, zumba, wushu ou defensa persoal.

Ademais, o Centro organiza diversas actividades  de cara ó verán, tres obradoiros que se celebrarán na Casa da Cultura de Verín: un curso de primeiros auxilios pediátricos e dous talleres para pais e nais sobre a adolescencia. 

Te puede interesar