Green Valley actuará no Extruga na Rúa de Verín

extruga street verín (3)
photo_camera Unha actuación no festival en edicións anteriores.
Nesta cita musical tamén estarán presentes Mondra, Elio Toffana, Huda ou Dj Piki, entre outros artistas

O festival de cultura urbana Extruga na Rúa, que se celebrará en Verín os días 25, 26 e 27 de agosto, chega a súa quinta edición “para deleitar aos amantes da música e da cultura cunha experiencia inigualable”, din dende a organización, pois chegan tres días cheos de cultura, música en directo, expresións artísticas e deporte.

O festival Extruga na Rúa xa ten pechado o seu cartel de artistas convidados, os que actuarán no entorno natural de A Preguiza. Ofrecen unha combinación de estilos musicais, dende o rock e o pop ata a música electrónica e o folk. Dende a organización confirman que “os artistas máis destacados da escena local e nacional daranse cita neste evento único”. Viaxarán a Verín Huda, Mondra, Another Wasted Year, Overdos, Burgas, Twentyfour Seven’s, Dj Piki, Deriva e o recoñecido rapeiro a nivel estatal Elio Toffana. A cabeza de cartel para esta quinta edición é a famosa banda de música reggae Green Valley. 

Outras actividades

Ademais da música, o festival ofrecerá unha ampla gama de actividades culturais e artísticas para todos os gustos. Tamén haberá unha ampla variedade de actividades culturais pendentes de confirmar. Entre elas, a Xunta Liga Break de Galicia organizada por Vella Escola; espectáculos de teatro, mercadiño e zona de cámping gratuíta, entre outras accións que se están a organizar.

“A atención aos detalles e a satisfacción do público son a nosa prioridade, garantindo que cada persoa se sinta cómoda e ben recibida. Estamos comprometidos en ofrecer unha experiencia segura e divertida para todos”, sinalan dende o Extruga na Rúa, os que están a traballar arduamente dende Verín para consolidar o festival como unha data obrigada na provincia de Ourense. 

Te puede interesar