Educación

O IES Castro de Baronceli abre o seu prazo de admisión

O prazo para solicitar matrícula no centro prolongarase ata o vindeiro 20 de marzo

O Instituto de Ensino Secundario Castro de Baronceli de Verín abriu este mes o prazo para que as familias poidan solicitar matrícula neste centro. 

A admisión está dirixida a alumnos de Primaria que comezarán o vindeiro mes de setembro o primero curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou para os estudantes que xa se atopen cursando dito grao pero queiran cambiar de centro o próximo ano. 

Por outra banda, e tal e como informaron dende o propio centro, as familias interesadas en coñecer de preto as instalacións poderán concertar unha visita ao seu interior. 

O prazo para solicitar matrícula no Instituto Castro de Baronceli de Verín prolongarase ata o vindeiro 20 de marzo e a documentación necesaria poderá formalizarse telemáticamente -mediante o portal de educación da Xunta- ou de xeito presencial no propio centro e en horario de 08,45 horas, ata as 14,00 horas, de luns a venres.

Te puede interesar