II Encontro Coral na Eurocidade Chaves-Verín

O Auditorio do centro cultural de Chaves acolle mañá, ás 18,00 horas, o II Encontro Coral na Eurocidade Chaves-Verín, organizado pola Associação Coral de Chaves coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, Municipio de Chaves, Concello de Verín e Chaves Viva. Neste evento actuará o Coral de Chaves, Coral de Verín e Orfeão de Oliveira do Douro.
Este II Encontro Coral na Eurocidade Chaves-Verín intégrase no programa de actividades culturais desenvolvido pola Eurocidade, destinado a fomentar unha colaboración conxunta entre os dous municipios na organización de actividades comúns, promover a participación e intercambio de espectáculos nos dous territorios, mobilizar as poboacións dun e outro lado da fronteira, crear un sentimento de eurocidadanía; así como para incentivar a cooperación territorial transfronteiriza.

Te puede interesar