MONTERREI

O Inorde remata en Riós os cursos de poda e inxerto de castiñeiros

O éxito desta iniciativa foi tal que as tres xornadas previstas iniciamente foron ampliadas en dúas máis, ante o gran número de persoas interesadas.

Máis de duascentas persoas procededes de toda a provincia participaron nos cursos de poda e inxerto de castiñeiro que promoveu o Inorde e que se celebraron no Centro de Desenvolvemento Agroforestal situado no Concello de Riós. O éxito desta iniciativa foi tal que as tres xornadas previstas iniciamente foron ampliadas en dúas máis, ante o gran número de persoas interesadas.


O esquema formativo deseñado polo Inorde permitiu aos participantes asistir a clases teóricas no Centro de Desenvolvemento, impartidas por técnicos de gran experiencia e prestixio no eido do castiñeiro a nivel nacional. Estas sesións teóricas se complementaron con  formación práctica nun souto, no que se realizaron labores de poda e inxerta sobre exemplares de castiñeiro. Tamén tiveron unha gran incidencia nas xornadas os coidados que se deben facer no souto, para conseguir unha producción de máxima calidade, a poda, o inxerto, o abonado e mantemento dos soutos e problemas como o chancro e a tinta.


Pese a que aínda quedou un gran número de interesados en asistir a estes cursos, o avanzado estado vexetativo dos castiñeiros impediría realizar os tipos de inxerta, polo que o Inorde decidiu rematar as xornadas, aínda que coa p revisión de repetir a experiencia en vindeiros anos, para atender toda a demanda formativa existente.

Te puede interesar