Os protagonistas do primeiro capítulo de "Latexos do rural no Camiño"

Xa se pode ver a primeira entrega do proxecto audiovisual "Latexos no rural no Camiño"

Diferentes artistas locais da comarca de Monterrei protagonizaron a primeira entrega de "Latexos do rural no Camiño", o proxecto audiovisual de Ruben Riós que busca crear un festival itinerante co que dar voz ao talento local.

O documental discurre polos entornos de Laza, A Mezquita, A Gudiña e Riós, lugares polos que pasa o Camiño Sanabrés da Vía da Prata Entre os primeiros talentos que se poden ver neste primeiro capítulo destaca modista vianés Jorge de Álvarez ou a artista Paulinha d'Arzoá, que amosará a súa obra de acuarelas dende a pequena aldea de Vilardevós. Por outra banda, a poeta lazana Carmen Rivero reflexiona sobre a importancia da emigración nos seus traballos, "Nun recuncho chamado Laza" e "Berce de peliqueiros".

Varios representantes de diferentes disciplinas artísticas que visibilizan como desenvolven a súa traxectoria no rural ourensán.

Te puede interesar