Actividades

Laza acollerá unha xornada de micoloxía: data e programa completo

Ejemplares de setas de chopo recogidos en Valdeorras.
photo_camera Imagen de archivo de ejemplares de setas de chopo recogidos en Valdeorras.
A actividade está organizada por Turismo de Laza

O grupo Turismo de Laza organiza unha xornada micolóxica o vindeiro 23 de outubro co fin de “facer cousiñas para pasar o inverno dun xeito diferente en Laza”, explican dende Turismo, os que xa están preparando máis proxectos: “Así contaremos cos establecementos lazanos e contribuiremos á actividade no concello”. 

Esta primeira actividade, que se realiza debido a mellora da situación do coronavirus, terá como punto de encontro a sala de xuntas da Comunidade de Montes de Laza, Cimadevila e Souteliño, ás 15,00 horas.

laza micoloxía

A cita consistirá nunha saída ao campo e explicación das diferentes setas e cogomelos recollidos, para rematar no Bar Descanso do Peregrino realizando unha degustación dos diferentes tipos de setas. A xornada estará dirixida por Rafael Castro, un experto en micoloxía da comarca de Monterrei.

Para participar na actividade é necesario inscribirse -chamando ao 617940728-, por un prezo de 5 euros. Cun aforo que oscilará entre as 15-20 persoas, os participantes poderán coñecer de primeira man os cogomelos que se agochan en Laza e as súas peculiaridades.

Te puede interesar