MONTERREI

Laza prevé liquidar a súa débeda bancaria en 2018

O Concello aprobou un orzamento para este ano de 1,7 millóns de euros

  O Concello de Laza prevé chegar ó ano 2018 sen ningún tipo de débeda bancaria, segundo daba a coñecer onte o grupo de goberno municipal, que dirixe José Ramón Barreal. Neste sentido, o Concello prevé rebaixar no presente ano 2015 un total de 38.370 euros e en 2018 completará o seu saneamento económico.
Con relación ós orzamientos de 2015, o Concello xestionará un total de 1,7 millones de euros, que sopoñen un incremento de 157.000 euros (un 9,98%) con respecto ó de 2014. Entre os obxectivos principais que buscará o Concello con estes orzamentos, o alcalde cita en primeiro lugar a creación do Grupo de Emerxencias Supramunicipais, queestará operativo a partir do vindeiro mes de xullo.
O Concello destinará a investimento real un total de 449.000 euros, que permitirán afrontar proxectos en varios pobos. Destaca a construcción dun centro social na parroquia de Castro, que ten un presuposto de 50.000 euros, cifra á que se engadirán outros 18.000 euros para rematar o centro que se construiu con Correchouso. A maiores, melloraranse os accesos  ás localidades de Naveaus, Castro, Souteliño, Navallo e Retorta, cunha partida de 65.000 euros, e se investirán 23.000 euros no acceso á área de lecer de Matamá, á veira do Támega.


Outros proxectos que se afrontarán cos orzamentos de 2015 é a mellora do alumeado público da parroquia de Retorta, por 30.000 euros, e o arranxo do centrosocial de Cerdedelo, con 25.500 euros.
O regidor de Laza, José Ramón Barrea, destaca, así mesmo, a creación dun dentro social, que leve asociado un albergue xuvenil, "destinado a dinalizar o turismo na aldea de Retorta, cuxo investimento está sen cuantificar, pero que rondará los 100.00 euros". Outra intervención que resalta o alcalde é a primeira fase da construcción dunha gran praza pública diante da igrexa de Laza, na que se situará, semienterrada, a base do servizo de Protección Civil de Laza, cun investimento municipal de 150.000 euros.
No eido dos servizos sociais, o grupo de goberno municipal asegura que reservará máis de 200.000 euros ó apartado de atención aos maiores, en oncreto á axuda no fogar, en colaboración soca Xunta de Galicia e coa Deputación provincial.

Te puede interesar