A Mancomunidade de Monterrei xa ten unha maquina antilumes

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participará na entrega de maquinaria para a prevención de incendios forestais e intervencións de emerxencia a distintas entidades locais. 

foto xoán crespo

A Xunta de Galicia vén de dotar á Mancomunidade de Monterrei de maquinaria para a prevención de lumes e intervencións de emerxencia. Onte, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, fíxose a entrega dunha máquina hidrostática polivalente e autopropulsada. Más alá da Mancomunidade de Monterrei, a Xunta tamén dotou desta maquinaria ás Mancomunidades de Terra Cha e Lambre-Mandeo. 

Un equipamento que se eleva a 890.000 euros -coas tres inversións- co obxectivo de facilitarlles aos concellos os traballos de recuperación, prevención de incendios forestais e intervencións en situacións de emerxencia, risco ou sinistro. “A maquinaria entregada dispón de ferramentas e accesorios para realizar estes labores”, sinalaron dende a Xunta de Galicia durante a entrega. 

A cesión deste equipamento completarase con accións de formación para o persoal usuario, con contidos teóricos e prácticos sobre o manexo, funcionamento, conservación e mantemento dos vehículos. 

Te puede interesar