Martín Códax recupera viñedo na aldea modelo de Infesta-Monterrei

Aldea modelo de Infesta.
photo_camera Aldea modelo de Infesta.

Segundo unha nota, Miguel Tubío, director técnico das bodegas, alude a que “non se trata dunha gran superficie de terra polas dimensións agrarias da aldea pero para nós, trátase dunha iniciativa que esta aliñada coa nosa Responsabilidade Social como cooperativa”

As Bodegas Martín Códax recibiron a notificación da adxudicación dun total de 76.245 metros cadrados de terreos repartidos en preto de 100 parcelas, cun proxecto de cultivos leñosos na aldea modelo de Infesta-Monterrei, que estará centrado na plantación de viñedos e froitos secos autóctonos.

“Non se trata dunha gran superficie de terra polas dimensións agrarias da aldea pero para nós, trátase dunha iniciativa que esta aliñada coa nosa Responsabilidade Social
como cooperativa, para contribuír tanto á xeración de valor e riqueza no territorio onde temos actividade como viticultores e adegueiros, como á de inverter a tendencia
demográfica das zonas rurais, e crear espazos e actividade atractivas para que haxa persoas que desenvolvan un futuro na comarca de Monterrei” destaca o director técnico de Bodegas Martín Códax, Miguel Tubío.
 

Te puede interesar