Monterrei acolle un taller de labores de poda nos viñedos

curso poda verín  (1)
photo_camera Os participantes da formación no viñedo experimental do Inorde en Monterrei. (Foto: cedida).
O curso está a desenvolverse entre os días 27 e 29 de outubro, de 10,00 a 14,00 horas

A Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), está desenvolvendo un taller sobre labores de poda en Monterrei.

Organizado pola Oficina Agraria Comarcal (OAC) da localidade, a formación comezou esta mañá. Está previsto que se celebre entre o hoxe e o venres 29 de outubro, en horario de 10,00 a 14,00 horas, cun total de 12 horas lectivas. No curso están a participar 17 persoas, a cargo de dous monitores. Das 12 horas, dúas serán teóricas e as 10 restantes transcorrerán no viñedo experimental do Inorde en Monterrei.

curso poda verín  (2)

O obxectivo da acción é que os participantes saiban como realizar a poda dunha viña, ademais de coñecer as principais pragas e enfermidades relacionadas coa poda. Así, no programa constan contidos sobre as partes do cultivo e sobre os fundamentos, os obxectivos e tipos de poda. Tamén sobre as ferramentas precisas e o manexo das diferentes técnicas. Así mesmo, contémplanse prácticas propias de poda.

A iniciativa está dirixida en xeral as persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos do rural galego. 

Formacións

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal, tanto a nivel técnico como económico, mediante a oferta de cursos como o que se celebra na comarca.

Dende a Consellería de Medio Rural contan cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021, que pode consultarse neste enlace

Te puede interesar