AYUDAS

As mulleres rurais reciben financiación do Concello

O goberno local firmou un convenio de colaboración con nove asociacións

O goberno municipal de Verín firmou onte pola mañá un convenio de colaboración con nove agrupacións de mulleres rurais que desenvolven a súa actividade no municipio. Por este acordo, o goberno local outorgou unha subvención de 500 euros a cada un destes colectivos, polo traballo que desenvolveron ao longo do ano 2016 "como axentes dinamizadores do medio rural".

O acto da firma estivo presidido por Diego Lourenzo, portavoz municipal e teniente de alcalde, e as representantes legais da nove asociacions de mulleres rurais: Patio do Melo, Santa María de Tamagos, San Pedro, O Recucho, Fonte do Sapo, As Candeas, Airiños da Terra, Femuro y O Toural.

No transcurso do acto, Diego Lourenzo afirmou que "é de vital importancia poñer en valor o excelente traballo realizado por estas asociacións como axentes dinamizadores do noso tecido rural", e considerou que a mellor forma de agradecerlle este labor é darlle unha achega económica para que sigan realizando este tipo de actividades.

O convenio firmado onte está enmarcado dentro do plan de dinamización do medio rural que impulsa o Concello e que intenta promover a vida sociocultural e a dinamización do medio rural das aldeas do municipio, fomentando a calidade da vida dos veciños, mediante o apoio e a organización de actividades sociais, educativas, culturais, de lecer e tempo libre para a dinamización do rural.

Te puede interesar