VERÁN

Música e convivencia na II edición do Serán da Pousa, en Monterrei

´serán da pousa 2023
photo_camera A sesión vermú con música en directo.
A cita busca achegar aos veciños os vellos seráns ao redor da música tradicional

O clima non foi impedimento para que os veciños de A Pousa, no concello de Monterrei, e moitos visitantes da comarca desfrutaran dunha xornada cargada de música, convivencia, comida e diversión. Este núcleo rural acolleu onte a celebración da segunda edición do Serán da Pousa, unha xornada festiva inspirada nos tradicionais “seráns” nos que a música tradicional é protagonista. 

A cita, organizada polas veciñas da aldea, comezou cunha sesión vermú con música en directo na que participaron moitos artistas da comarca, seguida dun picnic compartido -para volver as costumes das xeracións pasadas- ao carón do río Támega e unha visita guiada por este pequeno núcleo. 

Como no podía ser doutra maneira, non faltou a música dos grupos tradicionais da comarca, os que fixeron bailar e cantar aos presentes. Para repoñer forzas, celebrouse unha cea popular, que rematou co sorteo dunha churrasqueira. O Serán na Pousa continuou ata ben entrada a noite con unha foliada e “guateque”, no que a troula e a diversión non faltaron. 

Te puede interesar