A música tradicional volve ás aulas de Castrelo do Val

CASTRELO DO VAL
photo_camera CASTRELO DO VAL
Castrelo do Val propón un ano máis a mellor formación en música tradicional

A Asociación de música tradicional Candaira naceu en Castrelo do Val no ano 2010, coa finalidade de recuperar e divulgar a música tradicional pola nosa comarca. Moitos foron os logros conseguidos dende ese ano e hoxe, Candaira goza de moi boa saúde e dunha vida moi activa. 

Máis alá de participar en numerosos festivais e eventos galegos, a Asociación Candaira, a través de Ramón López, ofrece variadas aulas relacionadas coa música tradicional. O obxectivo é asentar a cultura e tradición galega na comarca e inculcarlla aos mozos, para así lograr a súa supervivencia nos anos. 

Tras un verán intenso de actividade, Candaira volve á rutina e xa ten programadas as clases de formación para o curso 2023/2024.

As persoas interesadas en participar nalgunha das aulas que oferta Candaira para este curso, deberán poñerse en contacto coa asociación, antes de que remate o mes, momento no que se espera iniciar as clases. 

Baile en Verín

A vila de Verín acollerá outro ano máis unhas aulas de baile tradicional co artista Artur Puga. As clases realizaranse no Pavillón de Deportes todos os mércores e hai dúas modalidades: iniciación e ampliación. Os interesados en participar deberán inscribirse a través do teléfono 671 91 81 84 ou no correo [email protected].

Te puede interesar