Os nenos de Cualedro coñecen ao escritor Isaac Alonso Estraviz

photo_camera Homenaxe a Isaac Alonso Estraviz. (Vídeo: C. C.)
Luciano Rivero: "Entendemos que as homenaxes hai que facelas en vida, e que mellor que ter ao autor con nós"

Unha corentena de cativos do CEIP Vicente Risco de Cualedro desfrutaron este martes dunha cita moi especial: o visionado dun vídeo inédito sobre a biografía de Isaac Alonso Estraviz, ademais de escoitar ao propio filólogo e escritor galego, quen rematou falando cos presentes e firmando -cun sorriso- cadernos para todos os cativos. 

A través da Furgoteca, un servizo de biblioteca móbil da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Cualedro, organizaron esta cita para homenaxear ao autor do libro “O Falar dos Concelhos de Trasmiras e Qualedro” e da obra propia “Dicionário da língua galega”, que “tanto lle deu ao Concello de Cualedro”, anotou Luciano Rivero, alcalde da localidade, ao inicio deste acto. “Entendemos que as homenaxes hai que facelas en vida, e que mellor que ter a Isaac con nós, unha persoa que traballou a prol do galego e cun abraiante currículo”, dixo o rexedor, que destacou que o “Dicionário Estraviz ten 1.145.346 visitas”.

Durante o acto, os cativos -e algúns  adultos coñecidos e admiradores de Isaac Alonso- puideron ver un vídeo inédito realizado polo arqueólogo Alberte Reboreda, quen definiu ao autor galego natural de Trasmiras como “un descubridor” porque “adicou toda a súa vida a amosar que Galicia e Portugal teñen unha lingua que está máis separada pola política que pola filoloxía”, destacando o “boa persoa que é Isaac”. 

A cita rematou cun reto para os cativos, da man de Laura Guerra, a responsable da Furgoteca de Ourense, quen lle pediu aos nenos que lle preguntaran curiosidades a Isaac Alonso Estraviz e os puxo a proba con algunha pregunta. Unha cita que os alumnos do Vicente Risco aprobaron

Te puede interesar