Los conciertos de La Región

Miguel Domínguez: "O panorama musical cambiou moito, pero eu penso que imos volver ó de antes"

photo_camera Un concerto de La Banda.
Este vernes, ás 22,30 horas, La Banda actuará na Praza Maior de Verín

Miguel Domínguez (Ourense, 1947) continúa “ó pé do canón” aos seus 75 anos desfrutando da música. Fundador e guitarrista do grupo La Banda, viaxa este venres a Verín cos seus catro compañeiros para facer un recompilatorio da mellor música dos anos 80 e 90. 

miguel la banda
Miguel Domínguez, fundador do grupo de música.

Como nace La Banda?

Antes de crear La Banda cramos unha asociación cultural musical, ala pola época dos anos 60 e 70, na cal estabamos e estamos moitos socios músicos. Despois fundamos o grupo de música no que tocabamos só cinco persoas, cinco amigos da época da xuventude. Pasou o tempo e os meus compañeiros foron deixándoo e dende fai dous anos estou eu con profesores das escolas de música moderna de Redondela, Vigo, Monforte, A Cañiza e Vilamarín. Os meus compañeiros son Nacho, Nandi, Diego Padín e Agustín Domínguez. 

 

E por que fundaron primeiro a asociación?

Porque queriamos un lugar no que poder reunirnos e tocar. No grupo de música somos cinco pero na asociación somos moitos socios e non todos tocan instrumentos. O local social mantémolo co que ganamos nos concertos que facemos, somos un grupo “amateur” que actuamos para desfrutar.

 

Ao longo destes anos viron cambios no panorama musical?

Si por suposto, moitos. De feito eu penso que a música foi a menos. Fai uns anos para aquí, os rapaces andan tolos detrás dos novos cantantes que da igual que canten ou non… Non sei onde está o oído agora, pero hai que respectar todo. E tamén son épocas e diferentes xeracións. Recordo cando era eu neno que as xeracións de meus pais e maiores vían que o que escoitabamos nós tamén era peculiar. Eso si, o panorama musical cambiou moitísimo, pero eu penso que imos volver á música de antes. 

 

Que repertorio traen a Verín?

Facemos cousas de Queen, The Rolling Stones, Eagles… E tamén cantamos cancións en castelán de M-Clan, Fito e Fitipaldis, Los Secretos… De todos os grupos dos anos 80. Ademais tamén temos algunhas cancións dos anos 60. O repertorio é moi variado, tocamos temas dos grandes. Respecto ós temas propios nosos, só os tocamos nos primeiros anos, agora xa non estamos para andar compoñendo.

 

Algunha vez antes estiveron tocando na vila?

A Verín fomos unha vez a un local de hostalaría fai anos. E despois pois tocamos por Vigo, Bueu, Ponferrada, movémonos un pouquiño por aquí e facémolo por amor á música. Xa mañá estaremos en Vilanova dos Infantes, logo a A Gudiña, a O Barco de Valdeorras, a Castrelo de Miño, Bueu, Arnoia, Pontevedra, Santiago… Temos varias datas no calendario e hai que aproveitar.

 

Cal é o futuro de La Banda?

Seguir en pé. Nós seguiremos igual. Aínda que no inverno se reducen os concertos seguimos facendo algunha actuación nas cafeterías, ademais pasamos o rato no local ensaiando ou facendo festas particulares. O importante é que seguiremos vivindo a vida.

 

Que é para vostede a música?

A música é unha razón de vivir. Para min e para moita xente. Sen música estariamos mortos en vida. Se non houbera música andariamos pola rúa como zombis.

 

El Concello de Verín aprovecha la oportunidad

El Concello de Verín, en su apuesta por impulsar la cultura, organiza sus propios eventos y recibe propuestas con los brazos abiertos. Fue el caso de la actuación de La Banda, enmarcada en Los Conciertos de La Región. “Este ano a cultura está florecendo por todas as esquinas, e aproveitamos todas as oportunidades que nos están dando, como La Región ou o Xacobeo”, explica Emilia Somoza, edil de Educación, Cultura e Festexos, quien recuerda que este viernes, a las 20,30 horas el grupo de acordeones Bieito Blanco también se subirá al escenario. 

“Penso que ultimamente estamos tendo eventos todas as semanas”, comenta Somoza, resaltando que son citas para todos los públicos y variadas para conquistar diferentes gustos. “Temos actividades para cativos, outras para adultos… No caso de La Banda é para xente nova e non tan nova, porque é un repertorio de temas dos 80 e 90 que todos coñecemos”, concluye.

Te puede interesar