Os premios Catas de Galicia 2020 na categoria de mellores viños recaeron nesta ocasión en "Pazo Lalón", da bodega Pazo Lalón S.L. (Denominación de Orixe Ribeiro) na categoría de brancos e "Ó Prómine Singular", de bodegas Petrón S.L. (Denominación de Orixe Ribeira Sacra) na categoría de tintos.
O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu onte en Santiago a entrega destes premios. Alí sinalou que este recoñecido certame permite "promocionar, identificar e premiar a tradición, o esforzo e dedicación de adegueiros e augardenteiros". Así, felicitou a todos os participantes e, en especial, aos gañadores "por elevar os viños galegos ao máximo prestixio, primando a súa calidade e dándoos a coñecer". No acto, que tamén contou coa presenza do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e no que se deron a coñecer os gañadores das catas de augardentes e licores tradicionais, se puxo de manifesto o valor estratéxico dun sector integrado por 13.400 viticultores e 479 bodegas, e que xenera un valor económico anual de máis de 200 millóns de euros.