NADAL | ACTIVIDADES

A pista de xeo volve á Praza Maior de Verín polo Nadal

Pista xeo_result
photo_camera Os comerciantes e hosteleiros, co alcalde durante o acto de presentación da pista de xeo.

Estará instalada do día 22 de decembro ao 1 de xaneiro e o prezo será de 4 euros. 

Por segundo Nadal consecutivo, os nenos e maiores aficionados á patinaxe sobre xeo terán un incentivo máis en Verín. Grazas á colaboración do Concello coas asociacións de hostelería e comercio, Aehcom e Aever, entre o 22 de decembro e o 1 de xaneiro estará instalada unha pista de xeo na Praza Maior. Ademáis, para dinamizar o comercio local, o día 3 de xaneiro celebraráse no Pavillón de Deportes unha “Gala Máxica”, con magos e ilusionistas, e o sorteo de 1.000 euros para gastar nas tendas. 

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, destacou que estas actividades, inscritas na programación de Nadal do Concello, están pensadas “para sacar á xente á rúa, porque se non saen á rúa, non van comprar na vila” e sinalou a importancia e as ventaxas da economía de proximidade, que ofrece maior calidade e servizo. 

A pista de xeo estará instalada na Praza Maior dende o 22 de decembro ata o 1 de xaneiro, en horario de 11 a 14 horas, e de 16 a 22. O prezo será de 4 euros con descontos de 2 euros por facer compras en tendas e locales de hostelería.

Te puede interesar