MONTERREI

Os policías locais de Verín non farán horas extra a partir de xullo

Os policías realizaron un total de 936 horas extraordinarias, cunha media de 72 cada mes, "cando o número máximo de horas extraordinarias se sitúa en 60 horas ao ano"

Catorce dos 16 membros da Policía Local  de Verín fixeron chegar a través da súa representacion sindical, a CIG,  ao alcalde, Gerardo Seoane, un escrito no que lle comunican que deixarán de facer horas extra a partir de xullo. Sinalan os axentes a través dos seus representantes sindicais  que nos seis primeiros meses deste ano a media de efectivos en activo "situouse na insuficiente cifra de 13 números". Nise periodo os policías realizaron un total de 936 horas extraordinarias, cunha media de 72 cada mes, "cando o número máximo de horas extraordinarias, segundo o artigo 34 do Acordo Regulador se sitúa en 60 horas ao ano", segundo sinalan os axentes.

Os policías afirman que nos primeiros seis meses o Concello tivo un gasto de 98.434 euros por horas extraordinarias e de seguir iste ritmo, ao rematar o ano chegaríanse a gastar 196.000 euros, cartos cos que, según din, se "poderían convocar oposición para a seleción de catro policías máis". En consecuencia, os axentes decidiron non facer ningunha hora extra máis a partir de xullo, agás as urxentes para a prevención ou reparación de sinistros.

El alcalde, Gerardo Seoane, no quiso responder de manera profusa al escrito. Se limitó a decir que "lo que ellos reivindican ya está contemplado en la relación de puestos de trabajo que está pendiente de aprobación en pleno. Es algo que se resolvería en este mes y que el responsable sindical ha utilizado de manera oportunista". 

Te puede interesar