ECOAGRO

O polígono agroforestal da Madanela, declarado de utilidade pública

Vista dos terreos entre as aldeas da Madanela e San Cristobo, e futuro emprazamento do polígono (foto: C.L.M.)
photo_camera Vista dos terreos entre as aldeas da Madanela e San Cristobo, e futuro emprazamento do polígono (foto: C.L.M.)

O Consello da Xunta do pasado luns recolle un decreto da Consellería do Medio Rural polo que se declara de utilidade pública o polígono agroforestal da Madanela, no concello de Monterrei

É o segundo polígono agroforestal neste concello en ser declarado de utilidade pública, trala designación do polígono agroforestal de Vences, que se atopa nun estado moi avanzado, no ano 2022.

Preguntado por este decreto, o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, fai unha “valoración positiva, uníndose á aldea modelo de Infesta e ao polígono de Vences”. Segundo Suárez, os veciños “levaban anos reclamando algún mecanismo de mobilización de terras coma este”.

O mandatario considera que estas 56 hectáreas, “non é descartable que se amplíen ata case 100”, e que abranguen 496 parcelas de 241 propietarios nos núcleos de A Madanela e San Cristovo, serían ideais para “os castiñeiros e a gandeiría extensiva”.

Te puede interesar