O PSOE critica as "malas formas" do alcalde de Riós

Entorno del centro de día municipal de Riós.
photo_camera Entorno del centro de día municipal de Riós. (Foto: Xesús Fariñas).

Os socialistas de Riós están molestos polas “malas formas” do alcalde de Riós, Francisco Veiga, “ao non informar á oposición na inauguración do centro de día do municipio”, apuntan dende o PSOE. Estes consideran “que é unha represalia por ter denunciado que o rexedor abandonaba o seu cargo ao non poder seguir cobrando o seu soldo” e afirman que “a inauguración dunha infraestrutura clave para Riós se converteu nun mitin electoral do PP, ao convidar nada máis que a cargos dos populares, mostrando falta de transparencia”. 

Ante as críticas da oposición, Francisco Veiga sinala que “estaba todo o mundo invitado, fixemos un comunicado a través de Facebook e os veciños que acudiron foi porque coñeceron a nova a través das redes sociais, non fixen invitacións especiais”. O rexedor municipal asegura que “todos e cada un dos veciños estaban invitados, se se consideran veciños estaban invitados”, lamentando que se busque “facer ruído” da inauguración do novo centro de día da localidade. 

Te puede interesar