Plan de Humanización

Remata o asfaltado da nova ponte situada en Queizás, en Verín

ponte queizás en Verín (Foto cedida)
photo_camera A ponte que pasa por Queizás. (Foto: cedida).
Este viaduto unirá o Polígono de Pazos coa estrada N-532, un punto de entrada e saída do municipio

O Concello de Verín vén de rematar o asfaltado da nova ponte de Queizás. O ente municipal encóntrase xa traballando na segunda fase deste proxecto que unirá a ponte co polígono de Pazos, dotado ao mesmo dun novo acceso e conectándoo coa estrada N-532, cun investimento inicial de 134.688 euros.

Así mesmo permitirá desconxestionar o tráfico da estrada N-525 influíndo isto de maneira positiva na circulación do núcleo de Verín e os seus arredores.

Esta actuación, que ten como principal obxectivo retirar o tráfico pesado do centro, especialmente ós camións con destino ó polígono de Pazos -uns 600 vehículos diarios, aproximadamente-, supón un investimento total de un  millón de euros; dos cales 800.000 euros son achegados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) e 200.000 euros corresponden a fondos propios municipais.

Segunda fase

O Concello de Verín encóntrase actualmente na segunda fase do proxecto que, cunha inversión de 600.000 euros, consiste na realización das obras necesarias para culminar a unión deste viaduto co polígono de Pazos.

"Ca finalización desta segunda fase, complrtarase o novo viario perimetral que servira de circunvalación complementaria á que se desdobra das autovías A-52 e A-75, conseguindo que os camións non teñan que abordar o casco urbano e reducindo significativamente as emisións contaminantes", explicou Gerardo Seoane, alcalde de Verín.

Te puede interesar