VIOLENCIA DE XÉNERO

Reunión das mesas locais sobre violencia de xénero

Violencia_result
photo_camera Un momento da reunión das mesas locais contra a violencia de xénero.

O encontro, que se desenvolveu onte pola maña e estivo organizado polo goberno galego, foi presidido pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella

A Casa da Cultura de Verín foi o escenario escollido pola secretaría xeral de Igualdade para organizar un encontro no que se deron cita  16 concellos e cinco mancomunidades do sur da provincia co único fin de reactivar as diferentes mesas locais de coordenación contra a violencia de xénero. 

O encontro, que se desenvolveu onte pola maña e estivo organizado polo goberno galego e foi presidido pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

Con esta iniciativa, a Xunta segue avanzando na definición dun modelo de traballo práctico e eficaz para as mesas locais, uns traballos que arrancaron no ano 2015 coa publicación e divulgación da Guía práctica para a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero.

A segunda fase de activación das mesas locais comezou en el año 2016, no último trimestre, coa elaboración dunha diagnose global sobre a situación das mesmas e continúan agora, con esta serie de encontros de intercambio de boas prácticas.

Te puede interesar