sindicatos

Os sindicatos piden ó Concello de Verín que cumpla o pactado

O voceiro sindical reclama ao grupo de Goberno municipal verinense que cumpra co acordo para regular a actualización da RPT, a renovación dos convenios colectivos e as bases de contratación

Manoel Anxo García Torres, líder da Confederación Intersindical Galega (CIG), emitiu no día de onte un duro comunicado no que anuncia rachar coa paz social aparentemente alcanzada meses atrás no caso de que o Concello de Verín non faga efectivos os pactos acadados. 

Segundo di o representante sindical, "o balanzo non pode ser máis frustrante e desacougante. É mágoa ter que constatar que na acción de goberno do bipartito, en materia de persoal, rexe o principio: poli bó/poli incapaz!!!! Temos un alcalde que a todo nos di que si. É o que se podería denominar un político 'siísta".

O voceiro sindical reclama ao grupo de Goberno municipal verinense que cumpra co acordo para regular a actualización da RPT (relación de postos de traballo), a renovación dos convenios colectivos e as bases de contratación.

Te puede interesar