Os veciños de Terroso xa teñen cobertura móbil nos seus fogares

photo_camera Concentración el pasado 16 de julio para protestar por la situación. (Vídeo: C.C.).
A pasada semana, a compañía encargada do servizo reparou a avería

Tras máis dun mes -24 de xuño- sen poder realizar unha chamada de teléfono dende as súas casas ou nas rúas de Terroso (Vilardevós), ademais de mobilizarse para amosarlle a compañía titular do servizo telefónico o seu malestar ante a situación, os veciños deste núcleo rural xa desfrutan de cobertura móbil.

Dende a pasada semana, a compañía de teléfono deu coa avería que levaba máis dun mes buscando, “ao parecer había algo que non ía, cambiaron toda a maquinaria incluso, e ao final era unha pieciña pequena, según contaron”, sinala Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós, que estivo recollendo firmas cos veciños de Terroso para notificar formalmente a Telefónica -a empresa en cuestión- sobre a situación a que se enfrontou esta poboación.

Ditas firmas non chegaron a presentarse aínda, “fáltannos uns seis veciños, e queremos mandar a totalidad”, destaca Cardoso, polo que esta semana enviarán a queixa pedindo que se mellore a cobertura cunha antena máis potente, “aínda que agora teñen cobertura, a que está non é moi potente, poden quedar sen cobertura, por iso queremos intentar conseguir unha antena mellor”, destaca o rexedor municipal.

Por iso, a pesar da alegría e alivio que sinten os veciños, non deixarán de loitar ata logar un bo servizo, pois como din, “non somos menos que ninguén”.

Te puede interesar